Quen somos?

A resposta é moi sinxela. Somos un grupo de persoas integrantes do IES Perdouro. Dímonos conta de que as novas xeracións usan cada vez menos a nosa lingua nai. Decidimos buscar o xeito de que estas rapazas e rapaces utilicen o noso idioma de forma creativa e espontánea. Co apoio do equipo de normalización do uso da lingua galega creamos o certame de regueifas "NON PERDAS O NORTE".